XA TEMOS GAÑADORAS!
En Bioconstruir vimos de realizar o sorteo de entradas para os concertos para The Wild Fest, o festival que vén para quedarse. Unha “ performance” que inclúe ademáis, arte, deporte, mostra doutras tecnoloxías e productos próximos ao orgánico terá lugar no merendeiro de San Miguel de Oia no concello de Vigo a derradeira fin de semana de xuño.
Bioconstruir apostamos por este evento e estaremos alí na The Wild Expo dando unha charla sobre como a túa casa pode ser unha ferramenta para a saúde.
Podes consultar na cartaz (aquí abaixo) todo o programa ou visitar a web do festival. Tamén estarán compañeiros do sector da construción sostible, destacamos especialmente a presenza Espiga, a asociación para a Bioconstrución en Galicia.
Como foi o sorteo?
Fainos moita ilusión este, o noso primeiro sorteo, polo que estamos moi agradecidos pola vosa participación. MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR!
Fostes 14 intrépidos concursantes os que aspirávades a lograr os premios
1 lote de dous pases para dous días.
1 lote de dous pases para 1 día.
Realizamos o sorteo na web Sortea2. Aquí podedes ver todos os nomes dos participantes antes do sorteo.
E as entradas van para…
E tras darlle ao máxico botón de SORTEAR cun ratón inocente, o resultado que nos brinda a web é:
- Begoña Marìa
- Oscar
Para Begoña María Penas López, por quedar de primeira, será o lote con pases para as dúas noites de concertos para dúas persoas. BEN!
Para Óscar González Muñiz, por ser a segundo, será o lote con pases para unha noite de concerto, a que queira, para dúas persoas. BRAVO!
Porémonos en contacto convosco mediante correo electrónico aos enderezos que nos facilitástedes no formulario de concurso.
A todos os demais, MOITÍSIMAS GRAZAS POR PARTICIPAR! Aínda que non houbo sorte agardamos vervos a todos no noso stand na THE WILD FERIA durante a fin de semana. E na charla «A túa casa como ferramenta para a saúde». Deixámosvos o programa continuación.