En este momento estás viendo O domingo 22 de outubro visitamos Campo Lameiro

O domingo 22 de outubro visitamos Campo Lameiro

O vindeiro domingo 22 de outubro percorreremos varios puntos de interese en Campo Lameiro para seguir experimentando as diferentes posibilidades que nos dá o Sentir.

Ésta é unha actividade familiar, aberta e gratuita a todas aquelas persoas que teñan ánimo de compartir. A mesma está vinculada ao curso Patrones do Sentir. Non é necesario inscribirse.

ONDE E CANDO?

Campo de Matabois. Concello de Campo Lameiro.

ligazón google maps: https://goo.gl/maps/XvoS84w16NQ2
42.542121, -8.505918
42°32’31.6″N 8°30’21.3″W

DOMINGO 22 de outubro, 9:30am

PARA QUÉ?

Ás 9:30 comezaremos cunha sesión de Chi Kung Wubaomen. Se te atrasas e ao chegar xa comezamos, incorpórate en silencio.

Logo continuaremos coa visita ao complexo arqueolóxico do Campo de Matabois.

Se o tempo acompaña, xantaremos alí, ou nun lugar preto, todos xuntos. Así que traervos a vosa comida.

QUE NECESITAS?

Ropa adecuada, estaremos ao aire libre sen realizar exercicio.

Calzado e roupa cómoda.

Comida e bebida.

Agradécese que compartades esta información con aquelas persoas que creades poidan estar interesadas.