Achégate á Estrada o sábado 7 de maio para coñecer a Xeobioloxía e a Bioconstrución a través de dúas charlas e a experiencia práctica no obradoiro que nos ten preparados Xulio Fernández Pazó.
Desde Bioconstruir queremos organizar un evento completo para toda a familia e de calidade. Así que para as persoas máis novas das nosas casas organizamos un Obradorio de Pintura Mural con María Romero.
Conferencia e obradoiro Xeobioloxía e Bioconstrución
impartido por Xulio Fernández Pazó, arquitecto técnico e xeobiólogo
Programa:
11-11:45 Charla de Xeobioloxía
11:45-13 Obradoiro de sentir
13-13:45 Charla de Bioconstrución
Incluirá a Presentación da formación “Xeobioloxía e autoxestión enerxética” que terá lugar desde setembro do 2016 ate o 2018.
Inscrición necesaria.
Obradoiro de Pintura Mural para nenas e nenos
da man de Maria Romero, terapeuta ocupacional e pintora.
Das 10 da mañá ate as 2.
Coñece o seu traballo nesta web: http://www.sincomentarios.net/mariaromero/
Recoméndase que as nenas e nenos leven merenda para xantar a media mañá.
Inscrición necesaria.
Ámbalas dúas actividades son gratuitas.
Son actividades independentes entre si.
Inscríbete a unha ou ambas actividades nesta ligazón: http://bioconstruir.es/formulario/
Se tes algunha dúbida, non quedes con ela. Escríbenos a bioconstruir@bioconstruir.es ou chama ao 986090968